Erro
  • JFTP::mkdir: Bad response
  • JFTP::chmod: Bad response
  • JFTP::mkdir: Bad response
  • JFTP::chmod: Bad response
  • JFTP::mkdir: Bad response
  • JFTP::chmod: Bad response
  • JFTP::write: Bad response
  • JFolder::files: A ruta non é un cartafol:
  • JFTP::mkdir: Bad response
  • JFTP::chmod: Bad response
  • JFTP::mkdir: Bad response
  • JFTP::chmod: Bad response
  • JFTP::mkdir: Bad response
  • JFTP::chmod: Bad response
  • JFTP::write: Bad response
  • JFolder::files: A ruta non é un cartafol:
  • JFTP::mkdir: Bad response
  • JFTP::chmod: Bad response
  • JFTP::mkdir: Bad response
  • JFTP::chmod: Bad response
  • JFTP::write: Bad response
  • JFolder::files: A ruta non é un cartafol:

FEIRAS E FESTAS MÁIS IMPORTANTES

-San Xoán, 24 de xuño, festivo local.

-Feira da Saínza, o 23 de cada mes, no campo da Feira da Saínza.

-Feira etnográfica da Pereira, celébrase anualmente, o primeiro domingo de agosto na aldea da Pereira.

 

 

FEIRA ETNOGRÁFICA DA PEREIRA

 

Feira que en tempos pasados se celebraba de forma mensual e que desapareceu e o concello recuperou como unha celebración cultural desde o ano 1995.

Feira anual que se realiza na Pereira, aldea natal de Antón

Tovar, o primeiro domingo do mes de agosto.

Celébranse actos culturais na lembranza de Antón Tovar, con outras actividades de actuacións.

Hai polbeiros e ferradores de cabalerías.

 

Dende o Concello recuperamos esta feira que tivo grande importancia en tempos, en que A Pereira era capital do Concello.  Esta feira celébrase na actualidade o primeiro domingo de agosto, data na que acode moita xente por ser época de vacacións, na que non falta polbo, cabalerías e tamén música tradicional galega para animar a velada.

Aproveitamos este día para lembrarnos do noso escritor Antón Tovar, nado na Pereira, no que cada ano se le algún poema do autor. Para isto contamos coa colaboración do veciño, amigo escritor e catedrático, Delfín Caseiro, gran coñecedor e divulgador da obra de Antón Tovar.

 

 

FEIRA DA SAÍNZA

Feira mensual que se celebra o 23 de cada mes no campo da Saínza. Alí acoden polbeiras e ferradores de cabalerías, e dende o concello vímola incentivando dende hai uns meses con moito éxito, xa que están acudindo vendedores de plantas, froitas, roupa, zapatos, e é un lugar de encontro para a xente do concello e para os municipios limítrofes; “esperamos que nos siga así”.

 

 

Antón Tovar

Antón Tovar Bobillo naceu na Pereira no concello de Rairiz de Veiga.

Empezou publicando poesía en castelán e pouco a pouco foise pasando ó galego. O seu primeiro libro é Arredores  1962, pero xa anteriormente fora galardoado co primeiro e terceiro premio nos Xogos Florais de Guimaraes, con dous poemas que logo  incluíu naquel libro.

Outros libros do poeta son: Non (1967), O vento no teu colo, Calados esconxuros, e  en 1981 foi premiado na crítica polo seu último libro.

Nos seus primeiros libros era Antón Tovar un poeta auténtico, pero de escasa precisión expresiva.  Sen deixar a súa radical autenticidade acada un brillo verbal e unha sabedoría da lingua, e un poder evocador que o converten nun excelso poeta.

 

Antón Tovar canta ó home  na súa tristeza e na súa esperanza. Calados esconxuros, sobre todo, e un dos máis nobres e mellores libros da poesía moderna galega.

feira  Feira 

 

 

 

Teléfono 988 46 55 52 - Fax 988 46 55 55

concello.rairizdeveiga@eidolocal.es

WEB OPTIMIZADA PARA RESOLUCIÓNS DE PANTALLA APARTIR DE 1024 x 768.